Día Internacional dos Humidais nas Ribeiras do Louro
Sunday, February 4, 2018
Co gaio do DÍA INTERNACIONAL DOS HUMIDAIS, a SGHN organiza un roteiro interpretativo polo espazo natural Gándaras de Budiño. A actividade consiste nunha saída guiada adicada ó coñecemento dos humedais das Ribeiras do Louro, ós servicios ecosístemicos deste tipo de áreas naturais e o patrimonio etnográfico. Esta data pretende crear conciencia sobre a importancia dos humidais para a vida, destacar as oportunidades e limitacións no desenvolvemento e uso dos humidais e crear alianzas que xeneren cambios positivos nestes hábitats. O percorrido ten 10 km e discurrirá diversos hábitats nas ribeiras do Louro, sendo de dificuldade baixa e axeitado para tódalas idades. Entre os valores naturais que alberga esta zona pegada a Zona de Especial Conservación “ZEC Gándaras de Budiño”, destacan os hábitats como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, que albergan unha grande biodiversidade. Destacan a flora adaptada a estes hábitats, as poboacións de aves acuáticas e aves de bosque autóctono, anfibios, reptis, mamíferos e invertebrados. O obxetivo desta actividade é a divulgación dos valores naturais e etnográficos deste espazo natural e aportar datos para o coñecemento da biodiversidade e o estado ambiental. Prazas limitadas. Inscrición gratuíta obrigatoria no correo electrónico: gandaras@sghn.org
Country : Spain
Organizer : SGHN-GándarasdeBudiño
Partners : Sociedade Galega de Historia Natural
Eaufrance: Sortie nature Target Audience: Children General public Type of Event: Field Tour Year: 2018
Photos